CONCURSO POR DEREITO 2015: TES TI UN CORAZÓN AZUL?

Este ano para axudar a concienciar sobre autismo queremos contar coa colaboración dos comerciantes e empresarios da nosa terra.
Esta idea xurde porque en anos anteriores foron moitos negocios os que nos enviaron as súas fotos concienciando polo 2 de abril. Se vos animades so tedes que imprimir este carteliño e poñelo no voso negocio ao tempo que vistes de azul ese escaparate, porta, fachada...da túa empresa ou negocio.
Grazas por colaborar na concienciación do autismo!!
Somos moitas familias as que agradecemos a túa colaboración!!
A recepción das fotos farase dende o día 6 de marzo ao 2 de abril ambos inclusive.
As votacións abriranse no facebook de Por Dereito o día 3 e pecharanse o día 30.
O premio é totalmente simbólico: a foto gañadora será a portada do noso face todo o mes de maio e o gañador recibirá un diploma de agradecemento da Asociación Por Dereito enmarcadiño para lucir no seu negocio.
Envía as túas fotos a través do facebook ou ben ao correo electrónico:
asociacionpordereito@gmail.com

Descargar o cartel para imprimir: CARTEL "TES TI UN CORAZÓN AZUL??"

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "CONCURSO POR DEREITO 2015: TES TI UN CORAZÓN AZUL?"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes