CAMBADOS E A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

No Concello de Cambados estamos quentando motores para un ano mais concienciar sobre o autismo e darlle visibilidade.
Este ano adiantamos un pouco os actos pois o 2 de abril é Xoves Santo e non nos favorece que coincidan as datas por moitos motivos.
Comenzaremos o día 27 de marzo pola mañán poñendo globos azuis en todos os Edificios Públicos e nas rúas do centro do pobo. Ás 19:00 será o encendido en  azul da Naiciña de Asorey. Se o tempo o permite faremos a celebración na Praza Asorey acompañando á Naiciña, en caso de mal tempo trasladarase todo o acto ao Salón Peña. Alí leremos un Manifesto "compartido", seguidamente teremos a actuación dos Quinquilláns co espectáculo "Por que é salgada a auga do mar?" Un espectáculo moi visual pensando en todos os asistentes, ademais os Quinquilláns traerán uns globos xigantescos con luz con forma de peixes que farán mais lucido o acto. Finalmente remataremos endulzando a boca con chocolate e rosca para todos os asistentes.


O día 1 de abril temos programados dous obradoiros consecutivos cos creadores da aplicación para IOS e Android (tablets) de CREAPPCUENTOS. En cada quenda poderán anotarse 10 nenos/as de 6 a 12 anos cun adulto. A primeira quenda será ás 11:00 e a segunda ás 12:00. Con eles aprenderemos a facer contos moi chulos co tema A DIVERSIDADE, con imaxes, texto e sons. Esta actividade farase na Biblioteca Municipal de Cambados. Para asistir hai que anotarse na Biblioteca previamente.



Temos que agradecer que o Concello de Cambados sempre esté disposto a facer mais visible o autismo. Este será o 6º ano que o Concello se implica con nós para celebrar O Día da Concienciación do Autismo, dende aquí queremos agradecerllo!!

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "CAMBADOS E A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes