Light it up blue na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Estamos moi ledos en Por Dereito por esta boa nova. Un dos nosos fins é dar visibilidade e concienciar sobre o autismo e cremos que o feito de que na capital galega se faga un acto de iluminación de azul é un gran logro. O que non é visible non existe...
Ao longo do mes de abril temos planeados varios actos e actividades e iremos facéndovos partícipes deles. Pero esta boa nova queriamos compartila xa.
O movemento Light it up blue vense facendo dende fai uns anos por todo o mundo e aluméanse de azul moitísimos monumentos de todos os rincóns do planeta.
Por Dereito xa leva 3 anos xunto co Concello de Cambados alumeando a estatua da Naiciña en Cambados, algo do que nos sentimos moi orgullosos, pero este ano queriamos dar un paso mais e solicitamos que a Cidade da Cultura puxera esas luces azuis nas súas pedras... o que non esperabamos é que a resposta fora un si!! Grazas a quen fixo posible isto na Cidade da Cultura, a Carmen Cacho, unha mestra cun gran corazón, que foi a impulsora desta idea e a Esther Cuadrado polo diseño do cartel.
 Aquí tedes o cartel que anuncia este gran evento, podedes compartilo onde o vexades oportuno (pero sen alteracións).


You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Light it up blue na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes