ESTAMOS INUNDANDO COS PICTOGRAMAS DO ARASAAC A NOSA COMARCA E MAIS ALÓ

Xa fai un tempo que Por Dereito está presentado un proxecto que chamamos "Lecer para todos no noso Concello".
Neste proxecto partimos da premisa que a comunicación e o acceso á información é un dereito, e existen leis que así o corroboran.
Nas Xornadas de TADEGA de Ourense o ano apasado coincidimos cos creadores do ARASAAC e falamos con eles para pedirlles permiso para usar os seus pictogramas. A súa resposta foi inmediata e contundente: si os podiamos usar no proxecto sempre que nomearamos a fonte de procedencia.

Pouco a pouco imos vendo os resultados desta labor en varios concellos do noso entorno:

CONCELLO DE CAMBADOS
O primeiro en comenzar foi o Concello de Cambados. Nun principio como ainda non falaramos cos xestores do ARASAAC, adaptamos dous espazos municipais a pictogramas do SPC, o Conservatorio de música e a Biblioteca Municipal.
O resultado podedes velo nos seguintes enlaces:
Biblioteca Fraga de Cambados
Conservatorio e Escola de Música de Cambados
Fai uns días tivemos unha rolda de prensa na que presentamos os pictogramas da Casa Consistorial de Cambados e na que se nos comunicou que en breve estarían colocados os do Salón de Exposicións José Peña, a Piscina Municpal e o Pabellón de Deportes do Pombal. Os do Concello quedaron así: O noso traballo ainda non rematou pois xa estamos recopilando os da Omix (Oficina de Información Xuvenil) e os do Centro de Saúde.
Pouco a pouco temos a intención de que TODOS os edificios de titularidade municipal teñan pictos do ARASAAC para sinalizar os espazos. Paralelamente a isto celebramos varios eventos co Concello nos que o uso de pictogramas do ARASAAC son mais que avituais: Festa da Concienciación do Autismo, Gala do Autismo e o Día do libro infantil e Xuvenil que coincide co Día da Concienciación do Autismo.

CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA
Neste intre todos os espazos que dependen do Concello insular xunto co Centro de Saúde e o INS ( Intituto Social da Mariña) teñen, ou terán en breve, nas súas paredes e portas esta adaptación tan necesaria para moitas persoas, non creades que isto so favorece as persoas con TEA, tamén son moi útiles para persoas con discapacidade intelectual, inmigrantes, persoas maiores, nenos pequenos, ou persoas que por calquera motivo teñan dificultades lectoras.
 Estamos aquí xa nunha segunda fase de adaptación, a información sobre a primeira fase tédela en: http://pordereito.blogspot.com.es/2011/09/un-paso-mais-no-avance-no-dereito.html
Pero o Concello de A Illa quixo dar un paso mais e esta semana pasada colocou 6 paneis indicadores ben grandes e visibles nas rúas deste concello.

Faro de Vigo
Voz de Galicia

Fotos dos paneis:
Na Illa tamén comezamos a facer actividades inclusivas coa colaboración de BATA, algo que tamén solicitabamos no noso proxecto. A idea é facer unha vez cada dous ou tres meses unha actividade na que participen os nosos fillos e os nenos e nenas de A Illa.
A primeria destas actividades foi un contacontos no que convidamos a Pepe Carreiro, o creador do Bolechas. Nesta tarde os pictogramas foron tamén protagonistas.
En breve faremos outra actividade de tinte inclusivo na que esperamos que os nenos/as o pasen tan ben como na primeira.

CONCELLO DE RIBADUMIA
 O Concello de Ribadumia comenzará por por pictogramas na Casa da Cultura de Ribadumia.
Enlace á noticia: Actualidade no Concello de Ribadumia



CONCELLO DE TEO
O seu compromiso é instalar en breve os pictogramas que sinalizarán os distintos departamentos da casa consistorial.
 Enlace á noticia: Novas no Concello de Teo

Hai mais concellos nos que presentamos o Proxecto lecer para todos/as no noso concello" e a verdade é que está tendo unha gran aceptación pois o custo económico é mínimo (impresión dos pictogramas) e en cambio os concellos avanzan guiados por nós e polo ARASAAC nun tema tan importante como é a accesibilidade universal.
Gustaríanos que isto fose algo xeralizado en todas partes pero pensamos que é cuestión de tempo pois é contaxioso e fácil de facer pero si que é certo que fai falta invertir moito tempo en preparar este traballo e Por Dereito non pode avanzar mais rápido.
ARASAAC é un portal fantástico, gratuito, e sobre todo ten un equipo humano detrás que fai que todo isto sexa moi doado.
O vindeiro 12 de maio virán visitarnos para falar disto e de moitas cousas mais e queremos dende aquí agradecerlles porfundamente toda a asúa implicación e boa disposición. GRACIAS ARASAAC POR EXISTIR E SOBRE TODO POR SER COMO SODES!!!! Un proxecto como o voso debe seguir crecendo e avanzando. SODES IMPRESCINDIBLES.
Enlace ao Portal do ARASAAC: http://www.catedu.es/arasaac/index.php

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "ESTAMOS INUNDANDO COS PICTOGRAMAS DO ARASAAC A NOSA COMARCA E MAIS ALÓ"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes