Actividades polo Día da Concienciación do Autismo e Día do Libro Infantil e Xuvenil en Cambados

Xa levamos uns anos celebrando o día 2 de abril, Día Internacional da Concienciación do Autismo. Por segundo ano consecutivo o Concello de Cambados colaboruo en grande medida para que este día fose moi especial. Comenzaron moi de mañá colocando globos azuis por todo o pobo.

Ás 11.00 tiañamos unha cita cos nenos e nenas cambadeses para realizar varias actividades na Biblioteca Municipal. Igual que o ano pasado decidimos que sería moi acertado unir nun so acto as dúas grandes celebracións deste día: Día do Libro Infantil e Xuvenil e Día da Concienciación do Autismo. Comenzamos lendo un manifesto de Francisco Hinojosa que fala da maxia dos contos.
Miramos e escoitamos todos xuntos o conto "El Cazo de Lorenzo"

Tamén xogamos co conto "El patito feo" ilustrado por Fátima Collado e adaptado aos pictogramas do ARASAAC.
PATITO FEO
View more documents from FATIMAMI
Cantamos e bailamos co "karaoke pictográfico" gracias a Esther Cuadrado


Para rematar María Vázquez explicou a actividade de "Bookcrossing" (Liberación de libros en lugares públicos) e nós entregamos aos asistentes as instruccións desta actividade adapatada aos pictogramas do ARASAAC. Logo os nenos e nenas que quixeron dispuxeron de un tempo para colorear imaxes do conto do "El patito feo"
Quédanvos aquí algunha das fotos que tomamos ao longo destas actividades 


Enlace á noticia en Telesalnés

Noticia no Diario de Arousa:

Noticia no Faro de Vigo: Reivindicacións para as persoas con autismo

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Actividades polo Día da Concienciación do Autismo e Día do Libro Infantil e Xuvenil en Cambados"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes