Celebramos o día 2 de abril, Día da Concienciación do autismo

O día 2 de abril Por Dereito ten moito traballo.
Comenzaremos poñendo nos nosos fogares globos azuis nos nosos balcóns e ventanas.
Ás 11.00 teremos que estar na Biblioteca de Cambados para celebrar conxuntamenta o Día do Libro Infantil e o da Concienciación do Autismo.
- Ler o manifesto de Francisco Hinojosa que nos fala da maxia dos contos
- Ver "EL cazo de Lorenzo", un conto que nos fala da diversidade, das dificultades e do afán de superación
- Xogar co conto adaptado por Fátima Collado "El Patito Feo" cos pictogramas do ARASAAC
- Iniciarnos no "Bookcrossing", pero tranquilos que levaredes as instruccións traducidas á lectura fácil con pictogramas do ARASAAC.
- Bailar e cantar o "Nossa, nossa" adaptado a pictogramas por Esther Cuadrado. Repartiremos ademais a adaptación a pictos para que practiquedes logo nas vosas casas.
- E se queredes tamén poderedes colorear o conto do " Patito feo"


Despois de dar unha volta polo pobo de Cambados para quitar moitas fotos de globos azuis, iremos a repoñer forzar pois á tardiña temos mais traballo.
Na Praza Asorei iluminaremos de azul xunto co alcalde Luis Aragunde a estatua da Naiciña de Asorei ás 21.00
- Lectura dun manifesto feito por un mozo da asociación no que expresará a importancia dos dereitos das persoas con autismo.
- Escoiteremos marabillosas cancións da boca dos rapaces/as e mozos/as do Coro do Conservatorio de Cambados dirixido por Marco Lucato
- Pariciparemos nunha chocolatada que nos axudará a seguir disfrutando da luz azul para que esta chegue aos nosos corazóns e aos de todo aquel que nos queira acompañar.

 
Graciñas ao Concello de Cambados que cada ano intenta superarse para que poidamos xuntos dar maior visibilidade ao autismo e axúdanos a concienciar!!!!

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Celebramos o día 2 de abril, Día da Concienciación do autismo"

Publicar un comentario en la entrada

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes